sábado, 29 de octubre de 2016

28 de outubro

Xa de volta no instituto e para rematar a semana, os alumnos representaron as pequeñas obras de teatro que prepararon nos obradoiros. Foi moi divertido ver o que crearon en tan pouco tempo. Despois dos discursos formales fixeron a súa festa de despedida.

28 de outubro

Último día en Bitterfeld. Despois de catro días de obradoiros hoxe leváronos de excursión ao castelo de Neuemburg e a vila de Naumburg, onde visitamos a súa Catedral e paseamos polas súas rúas.

jueves, 27 de octubre de 2016

27 de outubro

A continuación fixéronse grupos con alumnos de todas as nacionalidades e pexeron en práctica todo a que aprenderon.

27 de outubro

Hoxe foi o día dos debates. En primeiro lugar un alumno universitario explicoulles como preparar un debate sobre un tema calquera, como se deben argumentar as ideas a favor e en contra e como se conclúe.

27 de outubro

Pola tarde visitamos Wittember, cidade conectada con Martín Ligero e a Reforma protestante.

26 de outubro

Pola tarde viaxamos en tren ata Leipzig, onde fixemos unha visita turística cunha guía que nos explicou cousas moi interesantes da cidade.

26 de outubro

Nova mañá de traballo dos rapaces nos obradoiros de comunicación e teatro preparando os debates e as actuación teatrais do xoves e do venres. Houbo tamén unha pequena sesión sobre mediación escolar para os profesores.

miércoles, 26 de octubre de 2016

25 de outubro

Despois de xantar tuvieron a segunda sesión dos obradoiros de teatro e comunicación no ue aprenderon técnicas para facer debates. A continuación poideron asistir ás clases cos estudantes alemáns. Ao sair das clases tuvieron tempo libre coas familias.

25 de outubro

Segundo día en Bitterfeld. Os alumnos e alumnas traballaron en actividades diversas. Na primeira parte da mañá aprenderon a facer e mellorar presentacións e explicaron aos seus compañeiros doutros países cómo se organizan e quen representa aos estudantes en cada un dos Institutos.

martes, 25 de octubre de 2016

24 de outubro

Primeiro día de traballo no "Europagymnasium Walther Rathenau" de Bitterfeld. Despois da cerimonia de benvida os alumnos de cada país fixeron a súa presentación. A continuación levaronos a visitar a escola. E tras o xantar tuvieron lugar os primeiras actividades de comunicación e teatro.

24 de outubro

Pola tarde fomos de visita turística por Bitterfeld. Un guía explicounos moitas cousas interesantes sobre a cidade, aínda que o paseo quedou un poco deslucido por culpa da choiva.

lunes, 24 de octubre de 2016

23 de outubro

Para rematar a nosa pequena visita a esta grande cidade fomos ata o Checkpoint Charlie, o famoso paso fronterizo, lugar clave durante a Guerra Fría para cruzar a Berlín Este desde Berlín Oeste.

23 de outubro

Hoxe tocounos ver o Memorial do Muro e os grafitti nos restos do Muro da parte este.

22 de outubro

Visitamos algúns dos lugares máis salientables de Berlín como o Reichtag, o Memorial Vítimas do Holocausto e a Catedral

sábado, 22 de octubre de 2016

Fwd: 22 de outubro



Comezamos unha nova viaxe do proxecto "Horizon to the future". Viaxamos a Bitterfeld, unha vila alemana, facendo unha pequena parada en Berlín onde chegamos ao mediodía. Empezamos a visita turística na praza Postdamer vendo os restos do Muro que dividía Alemaña e a Porta de Brandenburgo

martes, 18 de octubre de 2016

VIAXAMOS A BITTERFIELD (ALEMAÑA)

A próxima semana viaxan a Bitterfield (Alemaña) sete alumnos/as do centro:
  • Kali Busto Meirás
  • Marcos Fernández Pol
  • Candela Novo Fernández
  • Aldara Pardo Carracedo
  • Noelia Rojo Santos
  • Tania Varela García
  • Laura Vázquez Tedín

acompañados/as de dous profesores, Olga Varela e Alfredo Pena.
Estamos seguros de que resultará unha experiencia moi interesante, tanto dende o punto de vista persoal como académico. Pasadeo ben e aprendede moito.!!!